Un total de 30 innovacións optan aos premios da feira Abanca Cimag-GandAgro, que recoñecen o último en tecnoloxía agropecuaria

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
  • CONCORREN AOS CONCURSOS ABANCA GANDAGRO INNOVA E MAQUINAS DESTACADAS, OS CALES SE FALLARÁN E ENTREGARÁN O PRIMEIRO DÍA DO CERTAME, O 2 DE MARZO

Silleda, 28 de febreiro de 2023.- A IV Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro, que se celebrará do 2 ao 4 de marzo na Feira Internacional de Galicia ABANCA, premiará o último en tecnoloxía agropecuaria a través dos concursos Abanca GandAgro Innova e Máquinas Destacadas Cimag.

A eles concorren 30 innovacións presentadas por vinte e unha empresas. Delas doce compañías correspóndense co Máquinas Destacadas Cimag, as cales son Agrícola Noroeste, Class Ibérica, Durán Maquinaria Agrícola, Electricidad Mario, Fariña Maquinaria, Fliegl Ibérica, Hitraf, Magrican Aperos y Repuestos, Maquinaria Agrícola Plumed, Talleres Turquino, Tecnor Lalín Maquinaria e Torneiro Maquicoruña. As nove restantes son as que concorren ao Abanca GandAgro Innova e son Agrotec Entrecanales, Anolytech, Bpa Galicia, Delagro, Delaval Equipos, GV Enerxía-Ecogal Energías Renovables, Innogando, Nutrimentos Deza e Prefabricados Faro.

En canto ao Máquinas Destacadas Cimag, que premiará as innovacións en maquinaria que destaquen por avances en deseño, prestacións e calidade do traballo, participan 20 propostas. Esta son dous sistemas de agricultura de precisión, un que permite programar as tarefas e envialas ao tractor e outro que permite a sincronización dunha colleitadora e un tractor con remolque durante a descarga, un terminal para tractor con conexión e transmisión continua dos datos que manexa o vehículo, unha rotoempacadora de cámara variable con regulación automática da densidade segundo o tipo de forraxe, unha picadora de forraxe con enchido automático dos remolques que acompañan ao traballo da picadora, un remolque autocargador de alto rendemento con máxima eficacia, seguridade e confort, unha nova xeración de anciño hilerador que une a máxima flexibilidade de uso, seguridade e calidade de forraxe, unha empacadora-encintadora integrada automática con atado da paca tanto con película plástica como con malla de rede, un analizador con protocolo Isobus que pode conectarse a calquera terminal virtual con control de tarefas incorporado, unha báscula para unifeed que permite formular a receita baseada nunha inxesta diaria de materia seca para cada lote ou o primeiro tractor de produción en serie propulsado 100% por metano.

Tamén concorren un aplicador de xurro con sistema sinfín para evitar atascos nas mangueiras debido a corpos estraños do xurro, un aplicador de xurro que garante unha distribución lonxitudinal e lateral perfecta para cada dose de aplicación, un novo tractor que ofrece combinación de potencia, practicidade, precisión e rendemento, un rotocultivador provisto de aneis de escardado  rotatorios que enterran ou arrincan de raíz a maleza, unha plataforma de xestión integral e valorización dos xurros con análises, control e xestión automática de toda a documentación do proceso, un aplicador de xurro desenvolvido especialmente para os xurros con sólidos, un manipulador telescópico supercompacto con cabina máis espazosa e confortable grazas ao seu deseño ergonómico, un inxector de xurro con encartado vertical e deseño estandarizado adaptable a calquera tipo de cisterna e unha minicargadora articulada multifunción compacta con maior capacidade e altura de elevación.

Respecto ao concurso GandAgro Innova, cuxo obxectivo é premiar as innovacións destinadas a optimizar os recursos agrogandeiros, concorren 10 propostas, entre elas un robot autónomo para limpeza de cortellos que se conecta ao conduto recolector para baleirar o depósito e continuar co seu traballo, un equipo de electrólise para a produción do desinfectante ácido hipocloroso cun ph optimizado, un suplemento nutricional para animais moi enerxético e obtido por endurecemento natural, un programa que inclúe unha gama de produtos a base de bacterias combinados con equipos patentados para axudar a manter a saúde das pezuñas dos animais, unha ferramenta informática encamiñada a cumprir coas novas lexislacións en materia de medio ambiental no ámbito agrícola, un laboratorio en liña co robot que mediante unha mostra de leite analiza a proxesterona e permite desde aforra tempo na detección de celos ata reducir os tratamentos hormonais, un actuador de dous eixos para módulos fotovoltaicos que optimiza de forma continua a súa posición para maximizar a produción de enerxía, un dispositivo de monitorización e xeolocalización para ganado en tempo real que controla a actividade do animal e tamén detecta cando está en celo, un sistema de mellora de benestar animal en maternidade en explotación porcina e un pórtico prefabricado en formigón para cuberta de nave gandeira que permite o funcionamento da ventilación forzada e evita ocos na cuberta onde se produce a acumulación de sucidade.

Fallo e entrega de premios

Os premios destes concursos serán fallados e entregados o primeiro día de Abanca Cimag-GandAgro 2023, o 2 de marzo. Para decidir as innovacións que serán recoñecidas, contarán con dous xurados independentes e especializados nos ámbitos relacionados con cada un deles.