- 22.02.2025
AS EMPRESAS PRESENTES TRANSMITIRON Á ORGANIZACIÓN DE FORMA XERALIZADA A SÚA SATISFACCIÓN POLOS CONTACTOS REALIZADOS E O INCREMENTO DO PERFIL PROFESIONAL ENTRE OS VISITANTES,
A V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería conforma un espazo de confluencia, análise e negocio que xa figura na axenda de todos os profesionais do sector primario.
Unha cita cuxo recoñecemento foi crecendo de forma paralela á súa capacidade para descubrir o máis innovador e atractivo do mercado. E que na súa quinta edición volverá apostar tanto por expoñer o presente como por adiantarse ao futuro.
Todo iso a través dunha completa exposición pensada para satisfacer as demandas de todos os visitantes, que ademais estará ligada a un ambicioso programa de actividades no que non faltarán propostas de gran interese e prestixiosos expertos.
Aquí podes consultar as bases, normativa, premios e descargar o boletín de inscrición (arquivo en pdf)
Aquí podes consultar as bases, normativa, premios e descargar o boletín de inscrición (archivo en pdf)
20 - 22 de febreiro 2025.
Profesional
Feira Internacional de Galicia.
Abanca - Silleda
(cerca de Santiago de Compostela – España).
Gratuito previa inscrición.
Horario de 10:00 a 19:00 horas.
Un certame único nun espazo único, no que terán cabida todas as pezas clave que conforman os ámbitos da MAQUINARIA, a AGRICULTURA e a GANDERÍA.









