Expositores
Cómo ser expositor?
Despois de consultar o DOSSIER da feira, podes enviarnos o BOLETÍN de Participación perfectamente cuberto como mostra do teu interese en formar parte do noso Certame.
Confirmarémosche a recepción da túa reserva de espazo e farémoche chegar toda a documentación necesaria para completar o proceso e coñecer tódalas túas necesidades.
Como paso final do proceso, enviarémosche un orzamento perfectamente detallado para que poidas aprobalo.
Consulta as TARIFAS de
SERVIZOS feirais para preparar o teu stand.
¡RefOrza A tÚA empresa aproveITando as vAntaXEs que CHE ofrece a feIra!
¡No lo dudes y aprovecha todas las ventajas de participar en una feria que no para de crecer!
Interacciona e amplía relacións comerciais
Xera novos contactos de interese para o teu negocio. Potenciais clientes, distribuidores e colaboradores están a esperarte.
Diferénciate da competencia
Este certame é o escaparate ideal para mostrar ao sector a singularidade dos teus produtos e servizos ou as características únicas dos animais da túa explotación.
Xera marca
Destaca na feira con accións que impacten ao público visitante e aos medios, xa sexa no teu stand ou nalgún dos múltiples espazos do recinto, á túa disposición segundo dispoñibilidade.
Fai negocio
Crea valiosas alianzas, pecha interesantes acordos e multiplica exponencialmente as túas posibilidades de xerar negocios a curto e medio prazo.
Fideliza aos teus clientes
Préstalles un trato diferencial e exclusivo. O certame é perfecto para que poidas estreitar esas relacións e facelas perdurar no tempo.
Pon a proba as túas propostas
A feira é un espazo inmellorable para coñecer a aceptación no mercado de todo o que ofrece a túa empresa, obtendo un feedback directo e moi valioso.
Atrévete e participa
Mostra o potencial da túa firma e visibiliza o voso esforzo por ser líderes no sector competindo nos concursos gandeiros e de innovación.
Toma nota e adiántate
Visualiza por onde vai o sector e detecta tendencias para adiantar a todos os teus competidores innovando no teu produto, servizo ou sistema de cría.
SECTORES:
Empresas, profesionais, colectivos e institucións participarán nesta nova edición para mostrar e ver. Unha converxencia que propiciará unha enorme interacción e fará que multitude de decisións se tomen aquí. E ti beneficiaraste de todo iso coa túa presenza.
- Tecnoloxía e innovación aplicada ao sector agropecuario
- Agroquímicos e fertilizantes
- Xenética e animal vivo
- Loxística e transporte
- Tractores e motocultores
- Maquinaria para xardinería
- Bioenerxía
- Sanidade animal e hixiene
- Sementes
- Xestión medioambiental de residuos agrogandeiros
- Maquinaria de recolección e post-recolección
- Maquinaria de preparación de chan, sementeira, plantación e abonado
- Outra maquinaria e equipos
- Empresas de servizos
- Nutrición animal
- Equipamentos e instalacións para agricultura e gandería
- Sistemas de muxido
- Maquinaria para explotacións gandeiras
- Maquinaria de protección de cultivos e rega
- Compoñentes e accesorios
- Institucións, asociacións e prensa especializada
ABANCA CIMAG-GANDAGRO
Queres participar nos CONCURSOS DE FRISÓN?
Aquí podes consultar as bases, normativa, premios e descargar o boletín de inscrición (arquivo en pdf)