- SERÁ EN DÚAS XORNADAS TÉCNICAS QUE SE INCLÚEN NO COMPLETO PROGRAMA DE CONFERENCIAS DO CERTAME, O CAL SERÁ UN INTERESANTE FORO PARA A TRANSFERENCIA DE COÑECEMENTOS
- ESTA V FEIRA PROFESIONAL DE MAQUINARIA, AGRICULTURA E GANDERÍA CELEBRARASE DO 20 AO 22 DE FEBREIRO NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA
Silleda, 14 de febreiro de 2025.- A feira Abanca Cimag-GandAgro 2025, a cal terá lugar do 20 ao 22 de febreiro na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra), suma outras dúas xornadas dirixidas a un perfil técnico do sector gandeiro.
Así, o último día da feira a cooperativa Cogal organizará unha xornada monográfica para cunicultores, a cal se enfocará en dous temas de relevancia.
Por unha banda, analizarase a cunicultura nun escenario cambiante, por parte de Manuel Marco, presidente da Asociación de Veterinarios Especializados en Cunicultura (Avecu) e director técnico en coellos de Nutreco Animal Nutrition para España e Portugal. Ademais, farase unha revisión da situación actual da xenética Hyplus en cunicultura e dos elementos crave para a adecuada expresión do potencial xenético por parte de Claude Barré e Gaizka Urbina, da empresa Hypharma.
Por outra banda, o venres 21 de febreiro, levarase a cabo a xornada “Optimización de datos en granxas de vacún de leite, o impacto de Dairy Compass na toma de decisións”, organizada por De Heus.
Foro para a transferencia de coñecementos
Estas xornadas forman parte dun completo programa de conferencias dirixidas a profesionais que abordarán interesantes aspectos relacionados con diversos tipos de gandería. Ademais, a agricultura e a maquinaria agrícola serán protagonistas doutros atractivos encontros.
Con todo iso, Abanca Cimag-GandAgro 2025 converterase unha vez máis nun foro de análise e debate, un necesario espazo de transferencia de coñecementos que contribúa ao desenvolvemento do sector.









