Serrada Chantel Chief e Rey 814 Beemer Yuri, vacas Gran Campioas nos concursos Internacional e Autonómico de frisón en Abanca Cimag-GandAgro

Compartir en facebook
Compartir en twitter
Compartir en linkedin
  • O MELLOR CRIADOR TANTO INTERNACIONAL COMO DE GALICIA FOI SAT REY DE MIÑOTELO, DE A PASTORIZA (LUGO)
  • NOS CONCURSOS PARTICIPARON 165 EXEMPLARES DE DISTINTOS PUNTOS DE GALICIA, ASTURIAS, CANTABRIA, PAÍS VASCO, CASTELA-LEÓN E CATALUÑA

Silleda, 4 de marzo de 2023.- A vaca Serrada Chantel Chief, propiedade de La Serrada & QuimS. & Agriber & Quality & Jose A.Hernandez, de Ávila (Castela-León), acadou esta tarde o premio Vaca Gran Campioa no XXXVI Open Internacional da Raza Frisoa, celebrado no marco da IV Feira de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2023, a cal acaba de pechar as súas portas na Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Ademais deste título, cuxo galardón foi patrocinado por Abanca, outorgouse o Reserva Gran Campioa, que recaeu en Rey 814 Beemer Yuri, de SAT Rey de Miñotelo, de A Pastoriza (Lugo).

En canto ao XXXI Concurso Autonómico, patrocinado por Xenética Fontao a vencedora foi Rey 814 Beemer Yuri, subcampioa do concurso Internacional. A Reserva Gran Campioa recaeu en Cid Delta Megan, de gandería Cid, de Barreiros (Lugo).

Por outra banda, o galardón de Mellor Criador de Galicia, patrocinado por Xenética Fontao, recaeu na gandería SAT Rey de Miñotelo, de A Pastoriza (Lugo), sendo subcampioa a gandería Cid, de Barreiros (Lugo). O premio ao Mellor Criador Internacional, patrocinado por Ferplan, recaeu tamén na gandería SAT Rey de Miñotelo, de A Pastoriza, mentres que a subcampioa foi a gandería Cudaña, de Valdáliga (Cantabria).

En canto á Mellor Gandería de Nova Participación, no concurso Autonómico foi gandería Rubio, de Santa Comba (A Coruña), sendo o segundo posto para A Lagoa Serabel, de Xermade (Lugo). No Internacional a mellor foi a gandería Casa Venturo, de Salas (Asturias), acadando o segundo posto a gandería Sarobe, de Karrantza, Bizkaia (País Vasco).

O mellor manexador do concurso foi Germán Fernández Muñoz, de Salas (Asturias).

En total, aos certames presentáronse 165 animais de ganderías procedentes de  distintos puntos de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela-León e Cataluña. Organizados por la Federación Frisona Galega (Fefriga) en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia, foron xulgados por Brian Carscadden, da Asociación Holstein de Canadá.