- OS GALARDÓNS FORON ENTREGADOS NO MARCO DA FEIRA E TIVERON EN CONTA OS AVANCES EN DESEÑO, PRESTACIÓNS E/OU CALIDADE DE TRABALLO
- A INNOVACIÓN TAMÉN FOI HOXE PROTAGONISTA DOUTRO CONCURSO, O ABANCA GANDAGRO INNOVA, CUXOS PREMIOS SE OUTROGAN TAMÉN ESTA TARDE
Silleda, 2 de marzo de 2023.- A IV Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2023, a cal se celebra desde hoxe ata o sábado na Feira Internacional de Galicia ABANCA distinguiu 12 innovacións no seu concurso Maquinas Destacadas Cimag, o cal premia as innovacións en maquinaria que destaquen polos avances en deseño, prestacións e/o calidade do traballo.
Estas novidades foron a tecnoloxía de agricultura de precisión John Deere MachineSync, presentada por Agrícola Noroeste, a cal permite a sincronización baseada en Sistemas de Navegación Global por Satélite da velocidade e a dirección da colleitadora e o tractor con remolque durante a descarga en movemento, proporcionando máis seguridade ao operador e á máquina. Ademais, recoñecéronse dúas propostas de Claas Ibérica, o Claas CEMIS 1200 DIGITAL 4.0, un terminal táctil de guiado manual, autoguiado e Isobus conectado a unha nube de xestión agrícola e ao Telematics da maquinaria onde vai instalado que permite programar as tarefas, mandalas vía online ata o terminal e volver enviar datos desde o mesmo para posterior rexistro do traballo, e tamén a rotoempacadora de cámara variable con Smart Density Claas VARIANT 500, con regulación automática e manual da densidade segundo o tipo de forraxe a empacar e axustes personalizados a través do terminal ISOBUS da máquina que permiten determinar o núcleo da paca.
Sumáronse aos recoñecementos dúas propostas de Durán Maquinaria Agrícola, o remolque autocargador Pöttinger JUMBO 7400, apto para o transporte de diferentes mercadorías que destaca polo seu máximo rendemento, alta eficacia, eminente seguridade de uso e máximo confort, e tamén o rastrillo hilerador de cinta arrastrado Pöttinger MERGENTO VT 9220, un rastrillo hilerador de nova xeración cun ancho de traballo de ata 9,20m con depósito de fileira central ou de 8,60m con fileira lateral que une a máxima flexibilidade de uso e seguridade en todos os cultivos con máxima calidade de forraxe.
Tamén destacou a báscula para unifeed Dinamica Generale DG 8000 IC de Electricidade Mario, que formula a receita baseada nunha inxesta diaria de materia seca para cada lote, xestiona as premezclas, manexa os rexeitamentos por lotes e fai un seguimento da eficacia laboral dos operarios.
Presentado por Fariña Maquinaria, distinguiuse o tractor New Holland T6.180 METHANE POWER, o primeiro tractor do mundo de produción en serie propulsado 100% por metano, clave para a redución de CO2 sen comprometer o rendemento, achegando os mesmos niveis de par e potencia que o seu equivalente diésel e aforrando ata o 30% en custos de funcionamento. Tamén se recoñeceu o novo tractor Valtra Q 305, presentado por Hitraf, que combina potencia, practicidade, precisión e rendemento para mellorar a eficiencia e rendibilidade, destacando a súa suspensión, asistente hidráulico, cargador frontal intelixente e a posibilidade de realizar todo tipo de traballos de municipalidade, forestal ou outro tipo de tarefas. E o rotocultivador Ozdoken ROTOKUL 620 presentado por Magrican Aperos y Repuestos, o cal está provisto de aneis de escardado rotatorios que enterran ou arrincan de raíz a maleza, proporcionan osíxeno ao chan e rompen as incrustacións lixeiras do terreo, diferenciándose pola súa anchura de traballo, dimensións de transporte encartado ou rodas de apoio.
Ademais, presentada por Maquinaria Agrícola Plumed, distinguiuse a plataforma de xestión integral e valorización dos xurros AGROXCONTROL, que permite a análise, control da aplicación no campo dos xurros e xestión automática de toda a documentación do proceso.
Outro dos premiados foi o manipulador telescópico supercompacto Bobcat TL 25.60, presentado por Talleres Turquino, con cabina máis espazosa e confortable grazas ao seu deseño ergonómico que aumenta a produtividade e cunhas dimensións compactas e unha excelente maniobrabilidade que fai posible traballar en lugares estreitos sen comprometer as prestacións.
Por último, foi recoñecida a minicargadora articulada multifunción Avant 860i presentada por Torneiro Maquicoruña, o modelo máis grande e forte da marca, coa maior capacidade e altura de elevación, compacta, versátil, estable por ter o centro de gravidade baixo a máquina, cun sistema que reduce o número de compoñentes hidráulicos e optimiza o mantemento e un brazo telescópico desprazado ao lateral con perfecta visión do implemento e da área de traballo.
Ao concurso foron presentadas 20 innovacións por parte de 12 empresas expositoras, as cales foron avaliadas por un xurado composto por Javier Bueno, do Departamento de Enxeñería Agroforestal da Escola Politécnica Superior de Enxeñería (USC), Ignacio Ruiz, secretario xeral da Asociación Nacional de Maquinaria Agropecuaria, Forestal y de Espacios Verdes (Ansemat) e Fernando Santos, do Departamento de Agronomía da Universidade de Tras-os Montes e Alto Douro.
Os galardóns foron entregados esta tarde no marco do certame polo director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, Silvestre José Balseiros; o coordinador de Abanca Agro en Galicia, Alberto Silva; parte do xurado do concurso e o director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán.
Aposta pola innovación
Ademais deste concurso, Abanca Cimag-GandAgro celebra outro certame centrado na innovación, o Abanca GandAgro Innova 2023, dirixido a premiar as innovacións que supoñan un avance ou mellora na produción, transformación e comercialización ou no desenvolvemento das zonas rurais, nos sectores agrícola e gandeiro. Os seus premios entregaranse esta tarde.
Ambos os concursos, aos cales concorreron un total de 30 propostas, son unha mostra da aposta de Abanca Cimag-GandAgro 2023 por potenciar a innovación no sector agropecuario.
- Fotos del CONCURSO DE MÁQUINAS DESTACADAS
- Fotos del CONCURSO ABANCA GANDAGRO INNOVA