- A VENCEDORA GALEGA PERTENCE Á SAT REY DE MIÑOTELO, DE A PASTORIZA (LUGO), MENTRAS QUE A INTERNACIONAL É PROPIEDAD DA GANDERÍA CASA VENTURO, DE SALAS (ASTURIAS)
- NESTAS COMPETICIÓNS, QUE ESTÁN TENDO LUGAR AO LONGO DO DÍA DE HOXE NA FEIRA ABANCA CIMAG-GANDARO, DECÍDENSE ESTA TARDE AS VACAS GRAN CAMPIOAS E OS MELLORES CRIADORES
Silleda, 4 de marzo de 2023.- Venturo Thunder Storm Almira, da gandería Casa Venturo, de Salas (Asturias), foi a xovenca Gran Campioa no XXXVI Open Internacional “GandAgro” da Raza Frisoa que está a ter lugar na IV Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag- GandAgro 2023, a cal pecha hoxe as súas portas na Feira Internacional de Galicia ABANCA.
Á xovenca Gran Campioa, con premio patrocinado por Ucoga, uniuse como Reserva Gran Campioa deste concurso internacional Rey 1085 Moovin Soly ET, da SAT Rey de Miñotelo, de A Pastoriza (Lugo).
En canto ao XXXI Concurso Autonómico da Raza Frisoa “Fefriga´23”, a xovenca Gran Campioa de Galicia, cuxo galardón está patrocinado por Xenética Fontao, foi tamén Rey 1085 Moovin Soly ET, da SAT Rey de Miñotelo, mentres que a Reserva Gran Campioa foi Asunción District Marylin, de Finca La Asunción, de Touro (A Coruña).
Ademais, entregáronse os galardóns de Mellor Criadores de Xovencas. Así, no Autonómico o gañador foi Finca La Asunción, de Touro, mentres que co posto de subcampión alzouse S.A.T Rey de Miñotelo, de A Pastoriza. No Internacional o campión foi tamén Finca La Asunción e como subcampión repetiu S.A.T Rey de Miñotelo.
Os concursos contaron coa presenza do director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, Silvestre José Balseiros, quen entregou algúns destes premios.
Vacas campioas e mellores ganderías
Estes concursos morfolóxicos Autonómico e Internacional, organizados pola Federación Frisoa Galega (Fefriga) en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia, continuarán no marco da feira esta tarde, cando xa se coñecerán as Vacas Gran Campioas e as Mellores Ganderías de ambos os concursos.